Los Provincialismos...
- Novo
Termos esenciais de dereito...
Patrimonio lúdico galego
Las mujeres en la Edad...
Los extranjeros y la...
VI Encontro Galego da...
XII Encontro da Mocidade...
Guía para el diseño y...
- Novo
No centenario do falecemento do seu autor, a Universidade de Santiago, coa xenerosa promoción da Asociación Cultural-Musical de Antigos Tunos Composteláns e Amigos do Museo Casa da Troia e a colaboración do Ateneo de Santiago, comprácese en dar de novo ás prensas a excelente edición da novela da profesora e investigadora M.*ª Ángeles Gómez Abalo, orixinalmente publicada en 2008
A publicación deste epistolario constitúe un ilusionante inicio para a nova Biblioteca da Cátedra Rosalía de Castro. Trátase dun conxunto de cartas da primoxénita do matrimonio Murguía-Castro escritas no arco histórico que se estende entre os preliminares da Revolución Rusa e a ditadura de Primo de Rivera, un testemuño moi elocuente da pervivencia dun legado familiar construído no século XIX e que aínda nos interpela
Guía didáctica da exposición Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África. A guía proporciona unha experiencia de construción visual e sonora do pasado musical historicamente informada e os resultados de investigación obtidos transfírense así ao sistema educativo mediante unha proposta innovadora e singular que integra coñecemento experto de música e historia, coñecemento experto de pedagoxía.
O presente volume inaugura a colección da Cátedra de Cultura Latinoamericana Alejo Carpentier da Universidade de Santiago de Compostela. Dúas aclaracións impóñense de partida: a primeira é que esta liña de publicacións pretende ampliar o alcance, a toda Hispanoamérica, da serie dedicada exclusivamente a Cuba entre os anos 1999 e 2023. A segunda é o renovado obxectivo de contribuír á divulgación e coñecemento histórico-crítico da heteroxénea produción cultural hispanoamericana desde o ámbito universitario, onde resultan fundamentais a posta ao día nas novidades artísticas e científicas.
Esta monografía recolle trece traballos que se desenvolven dentro de distintos modelos e enmárcanse en disciplinas variadas pero que viran, todas elas, ao redor da lexicoloxía. Os catro primeiros capítulos reflicten algúns das achegas da gramática e a semántica cognitiva á lexicoloxía. Os catro seguintes abordan cuestións de terminoloxía e neoloxía. E os cinco últimos reúnense ao redor de cuestións de lingüística aplicada e léxico.
Virginia Woolf (1882-1941) publica Tres guineas (Three Guineas) en 1938 na editorial Hogarth Press, que ela e o seu home Leonard crearan en 1917. Inspirado polas grandes ideas humanistas ilustradas de liberdade, igualdade, fraternidade e felicidade que moveron as revolucións democráticas, o ensaio, en forma de epístola, conságrase á defensa dos ideais pacifistas, feministas e humanistas da harmonía da liberdade individual e colectiva propios da autora.
A Hrafns saga Sveinbjarnarsonar, inédita en castelán ata a data, é un dos textos incluídos na soada compilación de sagas medievais islandesas coñecida como Sturlunga saga (Saga dos Sturlungos), redactada por diversos autores do século XIII
A importancia das mulleres do trapicheo na posguerra foi más alá do seu papel de subministradoras de productos ausentes do mercado oficial, protexeron a súa identidade e conservaron referentes culturais.
1ª edición: novembro 2025
1ª reimpresión: febreiro 2026
2ª reimpresión: xuño 2026
A oposición entre campo e cidade aparece nos estudos que compoñen este volume como unha construción histórica en cambio constante: rural e urbano non son só espazos físicos, senón tamén formas de vida e sistemas de significado que se interrelacionan, se mesturan e se transforman, pois o espazo —rural, urbano ou de transición— inflúe na cultura, na historia e na maneira en que as comunidades se ven a si mesmas ao longo do tempo.
As mulleres e o comercio percorre o papel fundamental das galegas como motores do abastecemento e o intercambio comercial nos séculos XIX e XX e chega ata a actualidade. Desde as prazas de abastos ata as feiras rurais, esta publicación documenta como peixeiras, leiteiras, verdureiras, entre outras ocupacións femininas, sostiveron a economía, conectando o mundo rural co urbano.
Begoña Caamaño é unha figura particular non só pola singularidade da súa obra narrativa e xornalística senón tamén por unha traxectoria vital marcada pola curiosidade, a ética, os compromisos e os afectos.
As mulleres na Idade Moderna hispánica. Tecendo a historia ofrece unha visión rigorosa sobre a situación, os roles e as experiencias das mulleres na monarquía hispánica entre os séculos XVI e XVIII. A partir dunha ampla variedade de fontes —documentación xudicial, correspondencia, tratados moralistas e testemuños cotiáns—, a obra analiza a participación feminina na vida familiar, económica, social, relixiosa e, en ocasións, política e explora tanto os marcos normativos que regularon a vida feminina (discursos xurídicos e morais) como as estratexias coas que elas negociaron ou desafiaron esas normas en contextos urbanos e rurais.
Esta monografía colectiva propón unha reflexión de conxunto sobre a figura do estranxeiro na España da Idade Moderna, entendida como parte da ampla e complexa monarquía hispánica. A través de estudos de caso situados en distintos espazos —grandes cidades, portos comerciais, enclaves de fronteira e territorios da Coroa—, examínanse as formas de chegada, establecemento e circulación de individuos e comunidades foráneas entre os séculos XVI e XVIII.
Elementos de crítica textual constitúe un completo manual de ecdótica, exposto con criterios filolóxicos e aplicado ao manuscrito e ao libro impreso, sen obviar a relación desta disciplina coa informática. Desde esta perspectiva pásase revista aos diferentes métodos, o lachmanniano, o neolachmanniano e a crítica de variantes, fundamentalmente; defínense disciplinas como a codicoloxía, a paleografía e a crítica textual; e fíxanse os conceptos aplicados nos estudos textuais (orixinal, copia, tradución, variantes, erro, emenda, tradición).
A idea que inspira a escritura deste manual é a de proporcionar un texto adaptado ás necesidades actuais do ensino de métodos numéricos para resolución de sistemas lineais e cálculo de autovalores, que poida servir de axuda aos alumnos que cursan estes contidos e aos profesores que os imparten en facultades de matemáticas e ciencias ou en escolas de enxeñería.
Adam Smith, considerado o primeiro gran economista, publicou hai dous séculos e medio a súa obra principal, na que defende as vantaxes do libre comercio como vía para mellorar o benestar dos pobos e a riqueza das nacións.
Edición en acceso aberto!
Desde os albores da civilización, o corpo humano foi obxecto tanto de representación e estudo como de atención, coidado e mesmo culto. O corpo era moito máis que unha entidade física; era moldeado polos deuses e a súa representación na arte e a arquitectura reflectía unha visión xerárquica, funcional e teolóxica do ser humano. A exposición que deu orixe a esta obra consagrouse ao corpo humano nas súas distintas vertentes e dimensións, desde a visión que del tiveron a filosofía e a arte ata a súa concepción científica.
Este volume ofrece unha colección de capítulos froito da investigación de titulados doutorais do programa de doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura da USC. As achegas correspóndense coas liñas de investigación e a metodoloxía do programa. Así, o grupo de capítulos histórico-filolóxicos reúne traballos sobre retórica, tópicos, tradición, fontes, xéneros literarios, crítica e anotación textual.
Este volume monográfico somete a unha exhaustiva análise, desde unha perspectiva funcional, as perífrasis verbais de infinitivo, xerundio e participio a partir da análise de corpus do español europeo. Diríxese especificamente a estudantes de lingüística española de máster ou de doutoramento, aínda que ofrece aspectos innovadores de interese para profesores e investigadores. A obra consta de nove capítulos organizados en tres partes: (i) identificación das perífrasis verbais; (ii) significados das perífrasis; (iii) conclusións e perspectivas futuras.
Practicamente desde o inicio da súa independencia política, existiron iniciativas dentro das nacións americanas para discutir asuntos en común, resolver disputas e cooperar en defensa e comercio, piares do que se constituíu entre finais do século XIX e a primeira metade do XX como un “sistema interamericano”. O presente texto pretende sintetizar a historia desta construción, desde a primeira tentativa impulsada por Simón Bolívar á fundación da OEA en 1948 e a súa evolución durante a Guerra Fría.
Se por algo vai ser recordado este libro de filosofía é pola teoría que desenvolve, a dos actos de fala. Discorrido máis de medio século dende a súa publicación, as ideas de Austin seguen a evidenciar o seu impacto sobre o pensamento contemporáneo.
O volumen dá conta da vitalidade e diversidade da investigación filolóxica contemporánea, cunha ollada que abrangue tanto os fundamentos teóricos como as aplicaciónsprácticas no estudo da lingua, da literatura e da cultura. Esta obra ofrece unha panorámica plural e enriquecedora, convidando á reflexión crítica e ao diálogo interdisciplinar.
Se a poesía é de seu terra fecunda para a experimentación coa materia lingüística, a expresión poética galega dos últimos anos semella un campo vizoso en códigos que se afastan da norma para incorporaren trazos dialectais, oralizantes, coloquiais ou procedentes doutras linguas, así como para ensaiar grafías que impriman marcas que actúen como trazos diferenciais, por veces identitarios, individuais ou colectivos.
Este libro é unha viaxe pola riqueza do patrimonio lúdico galego, un patrimonio inmaterial no que o xogo e o xoguete tradicional se presentan como ferramentas de aprendizaxe, expresión e transmisión cultural.
Este libro contén as breves pero detalladas memorias dun intenso labor de interpretación e dirección teatral desenvolvido polo autor no ámbito universitario compostelán nunha década dos difíciles tempos do tardofranquismo.
Dende o momento en que fraguou o concepto de desenvolvemento sustentable en 1987 coa publicación do Informe Bruntland, afianzouse a idea de que a protección do futuro das xeracións futuras é multifacética, xa que require accións en diferentes dimensións.
Este novo volume do Atlas Lingüístico Galego pecha a serie dos tres dedicados ó léxico relacionado co ser humano. Coma sempre os tres foron elaborados a partir da información contida nos cuestionarios do proxecto recollida nos traballos de campo entre 1974 e 1977.
Este libro non só é a versión en lingua galega da edición orixinal en inglés. Supón una posta ao día que ten en conta os últimos estudos sobre Afonso o Sabio, especialmente os referidos á relación do Rei con Galiza. Trátase dunha biografía de Afonso, o rei filósofo do século , e da súa fascinación pola cultura islámica, que deixou unha pegada indeleble na civilización occidental.
Os insectos conforman un dos grupos animais máis exitosos, cun número de especies que supera amplamente ao de calquera outro grupo de seres vivos e cunha gran variedade de adaptacións a distintos hábitats. Esta unidade didáctica está deseñada para que o alumnado de Educación Primaria coñeza e valore os insectos, coas súas múltiples especies, formas e hábitats.
Esta obra aborda un capítulo fundamental na historia da museoloxía galega: os espazos que atesouran a arte procedente do exilio tras a guerra civil española, un tema ata o de agora pendente de ser analizado de forma colectiva nun único estudo monográfico.
Estas páxinas conságranse a unha muller cuxo paso pola universidade estimulou outras a matriculárense, facéndoo incluso en determinadas carreiras consideradas «impropias do seu xénero», e a non concibiren xa a docencia universitaria como un insuperable teito de cristal.
Escrita en 1935, poco antes de la muerte de su autor, la novela de Valle-Inclán El trueno dorado, editada por vez primera en 1975, ha pasado casi desapercibida. Javier Serrano la recupera en una exhaustiva y completísima edición crítica y facsímil de los manuscritos.