A Primeira Revolución Industrial (1760-1860)

Autor/a
Varela Vázquez, Pedro
Espido Bello, María del Carmen
A unidade didáctica A Primeira Revolución Industrial (1760-1860) pertence á materia historia económica mundial, correspondente ao primeiro curso do grao en Economía. A materia historia económica mundial ten como finalidade aproximar o alumnado á visión histórica da evolución económica mundial, así como aos mecanismos institucionais e tecnolóxicos que inciden nos procesos de crecemento económico. A programación docente da materia historia económica mundial está formada por sete unidades didácticas. Aquí preséntase a segunda unidade didáctica, na que se estuda a Primeira Revolución Industrial, destacando as razóns polas cales a Revolución Industrial se desenvolveu en Gran Bretaña e non noutras áreas xeográficas. Asemade, analízase as innovacións tecnolóxicas e organizativas de dito proceso de industrialización. Finalmente, examínase o papel desempeñado polos factores de produción.

Data sheet

Edition
1
Publication place
Santiago de Compostela
Publication Year
2024
Serie
204 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155269
Availability
Si