A presente unidade didáctica está dedicada á aprendizaxe de técnicas de escritura en inglés como lingua estranxeira, particularmente no relativo á escritura de ensaios discursivos. Forma parte da materia Técnicas de Expresión Escrita en Lingua Inglesa (G5061321), materia obrigatoria de 6 créditos do 3º curso do Grao en Lingua e Literatura Inglesas (G5061V01) da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A unidade didáctica céntrase nas técnicas necesarias para redactar con éxito diferentes tipos de ensaios discursivos, a saber, ensaios de opinión, ensaios de a favor e en contra, e ensaios que suxiren solucións a problemas cos que o alumnado se atopará ao longo da súa vida académica. Do mesmo xeito,