Na Política está o concepto do home como zôon polítikón, animal político ou social, capaz de ser e dar unha constitución na que o poder, sempre repartido, sexa da colectividade e non de clases, individuos ou grupos. En Aristóteles, cuxa prosa foi gabada por Cicerón, hai unha experiencia intelectual eticamente optimista verbo do individuo en comunidade libre e soberana.