• ¡En oferta!
  • Nuevo

O estado de cambios no patrimonio neto

Autor/a
Suárez Fernández, Oscar
A presente unidade didáctica forma parte da materia «Estados contables», que se imparte no primeiro cuadrimestre do 3º curso do Grado de Administración e Dirección de Empresas.A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.). O produto final da contabilidade son os estados contables, que son o resumo da situación económica e financeira da empresa. Existen determinados estados contables de elaboración obrigatoria por parte das empresas, e de periodicidade coma mínimo anual, son as denominadas contas anuais. Unha das contas anuais é o Estado de Cambios no Patrimonio Neto (ECPN), obxecto desta unidade didáctica.

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2025
Serie
104 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788416533404
Disponibilidad
Si