A materia Historia da Arte Galega Antiga e Medieval (G5011421, Grao en
Historia da Arte, Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007), posúe o
carácter de obrigatoria e ten que ser cursada no último ano (4º
curso), en concreto no primeiro cuadrimestre. Está integrada no
módulo G5011M07 Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal.
Consta de 6 créditos ECTS, o que supón un total de 150 h de
dedicación total por parte do alumnado. Este estaría dividido en:
Traballo presencial do alumnado: 51 h, das que 32 h son de docencia
expositiva, 16 h docencia interactiva e 3 h de titorías
personalizadas. Traballo persoal do alumnado: 99 h, das que se
podería facer una aproximación orientadora, na que se tivese en
conta - Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h. - Lecturas
recomendadas, actividades de biblioteca e similar: 25 h. -
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 h. -
Outras tarefas propostas polos profesores: 7 h. No se esixen
coñecementos previos para comprender os diferentes temas ou unidades
de estudo que integran esta materia; porén sería aconsellable ter
aprobadas as materias xerais de Arte Antiga e Medieval impartidas en
1º e 2º curso. Por outra banda esta materia está estreitamente
relacionada coa Historia da Arte Española Antiga e Medieval, optativa
de 4º curso. Dentro dela, a unidade didáctica a desenvolver é a VI,
«O mundo do románico», que constaría de catro apartados que seguen
unha estrutura cronolóxica excepto o último que está en relación
cunha nova orde monástica: o Císter. A duración total sería de 12
horas, distribuídas en catro semanas con dúas horas expositivas e
unha interactiva por semana.
A materia Historia da Arte Galega Antiga e Medieval (G5011421, Grao en
Historia da Arte, Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007), posúe o
carácter de obrigatoria e ten que ser cursada no último ano (4º
curso), en concreto no primeiro cuadrimestre. Está integrada no
módulo G5011M07 Coñecementos da Historia da Arte Xeral Universal.
Consta de 6 créditos ECTS, o que supón un total de 150 h de
dedicación total por parte do alumnado. Este estaría dividido en:
Traballo presencial do alumnado: 51 h, das que 32 h son de docencia
expositiva, 16 h docencia interactiva e 3 h de titorías
personalizadas. Traballo persoal do alumnado: 99 h, das que se
podería facer una aproximación orientadora, na que se tivese en
conta - Estudo autónomo indiv...