A riqueza das nacións, publicada en 1776, constitúe a pedra
fundacional da economía entendida como unha ciencia moderna. A
inxente obra de Smith encarna o espírito da Ilustración ao
desenvolver unha nova ciencia baseada na observación e que aplica o
método indutivo ao campo social. O concepto fundamental no que
alicerza esta obra clásica é o de mercado como institución a
través da cal interactúan os seres humanos. Ao longo dos seus cinco
libros, A riqueza das nacións formula unha serie de argumentos que en
conxunto definen unha nova teoría económica, o que implica despregar
unha profunda revisión crítica doutras doutrinas e afondar no
tratamento de cuestións esenciais tales como a acumulación do
capital, a política económica ou a relación entre a economía e o
Estado, prestando especial atención ao rol das institucións. Tras a
súa publicación, a obra de Smith gañou axiña enorme popularidade
tanto no Reino Unido coma no resto de Europa perdurando a súa
vixencia no eido da economía ata os nosos días e converténdose así
nun clásico de permanente rendibilidade para a análise de problemas
e retos actuais. Adam Smith é unha figura capital no debate sobre o
papel do mercado na sociedade, nunha visión dinámica do crecemento
económico como base para a creación de beneficios. A riqueza das
nacións transcende, de feito, o campo da economía establecéndose
dende hai máis de douscentos anos como referencia da ciencia
política, a ética ou a psicoloxía social.
A riqueza das nacións, publicada en 1776, constitúe a pedra
fundacional da economía entendida como unha ciencia moderna. A
inxente obra de Smith encarna o espírito da Ilustración ao
desenvolver unha nova ciencia baseada na observación e que aplica o
método indutivo ao campo social. O concepto fundamental no que
alicerza esta obra clásica é o de mercado como institución a
través da cal interactúan os seres humanos. Ao longo dos seus cinco
libros, A riqueza das nacións formula unha serie de argumentos que en
conxunto definen unha nova teoría económica, o que implica despregar
unha profunda revisión crítica doutras doutrinas e afondar no
tratamento de cuestións esenciais tales como a acumulación do
capital, a política econÃ...