A paisaxe de Galicia é produto dunha complexa historia
xeomorfolóxica, climática e de actividade humana que tamén ten
reflexo nas propiedades dos seus solos. As formas da paisaxe e a
diversidade dos solos están altamente relacionadas con parámetros
topográficos, xeolóxicos, climáticos, uso e vexetación. A modo de
síntese, adóitase clasificar os solos en Galicia en tres grandes
grupos segundo a súa posición topográfica: leptosoles en áreas de
fortes pendentes; regosoles en pendentes medias; e cambisoles,
fluvisoles, arenosoles e alisoles en zonas de baixa pendente, e dúas
grandes categorías segundo a cor, espesor e porcentaxe de saturación
en bases do horizonte superficial: úmbricos e húmicos. A partir
desta síntese pódense interpretar certas propiedades xerais dos
solos. Esta obra divídese en dúas grandes seccións, Factores
ambientais e Propiedades do solo. A sección Factores ambientais
contén a descrición e metodoloxía de cálculo dos factores
ambientais que se consideraron como variables auxiliares para a
cuantificación dos parámetros edáficos. Consta dunha serie de
mapas, a resolución de 25 x 25 metros da distribución da litoloxía,
vexetación e usos do chan e clima, en forma de mapas de temperatura,
precipitación, evapotranspiración potencial e balance hídrico tanto
en base anual como mensual, macrobioclimas, índices ombrotérmicos,
continentalidade e termicidade. A sección Propiedades de solos
subdivídese en tres apartados: Clima do solo, Propiedades físicas e
Propiedades químicas.
A paisaxe de Galicia é produto dunha complexa historia
xeomorfolóxica, climática e de actividade humana que tamén ten
reflexo nas propiedades dos seus solos. As formas da paisaxe e a
diversidade dos solos están altamente relacionadas con parámetros
topográficos, xeolóxicos, climáticos, uso e vexetación. A modo de
síntese, adóitase clasificar os solos en Galicia en tres grandes
grupos segundo a súa posición topográfica: leptosoles en áreas de
fortes pendentes; regosoles en pendentes medias; e cambisoles,
fluvisoles, arenosoles e alisoles en zonas de baixa pendente, e dúas
grandes categorías segundo a cor, espesor e porcentaxe de saturación
en bases do horizonte superficial: úmbricos e húmicos. A partir
desta síntese pó...