• Novo

Sistema electoral

Autor/a
Benítez Baleato, Jesus Manuel
O sistema electoral é a compoñente nuclear de todo sistema político democrático. Determina como se traducen os votos en representación política, afectando directamente tanto á lexitimidade democrática como á capacidade das institucións para cumprir a súa función. Inflúe no comportamento electoral e nas estratexias da cidadanía e das organizacións políticas, incidindo así na configuración dos sistemas de partidos así como na formación de coalicións. Impacta na gobernabilidade e representatividade dos tres poderes democráticos, no deseño das súas institucións e, por tanto, na formulación de políticas públicas e na arquitectura e doutrina xurídicas. Determina o nivel de inclusión da diversidade presente na sociedade e as súas posibilidades de participación política. En definitiva, o sistema electoral condiciona a capacidade do sistema político para satisfacer as demandas de representación, participación, deliberación e inclusión que determinan a súa calidade democrática.
Transacción
Formato
€1,92
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2025
Serie
Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788410142473
ISBN
9788410142473
Dispoñibilidade
Si