• Novo

Muller e esfera pública no século XIX: historia dunha conquista inacabada. Discurso inaugural lido na solemne apertura do curso académico 2025-2026

Autor/a
Veiga Alonso, Xosé Ramón
En Gran Bretaña, o sufraxio feminino en igualdade co masculino acádase en 1928, no entanto que as francesas teñen que agardar a 1944. Xa que logo, o caso español, co acceso ao sufraxio en 1931, atópase a medio camiño. No gonzo simbólico do ano 1900 é claro que as mulleres gañaran peso específico na esfera pública respecto da situación de partida cen anos antes. Que restaban espazos por acadar tamén era evidente, mais o camiño, por outra banda cheo de fochancas e de altos e baixos, aparecía cando menos balizado e na onda do que acontecía na contorna europea.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2025
Serie
Discursos Inaugurais
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/di.2025.1910
Dispoñibilidade
Si