Estas actas corresponden á segunda edición do Congreso Internacional Feminismos y Humor: Humor-Sofías. Xusto un ano despois de arrancar a andaina do humor, reivindicando o termo «sofías» desde o «humoris» (De Salvador Agra, Saleta; Lesta García, Laura; Martínez Suárez, Yolanda, e Pérez Pereiro, Marta (coords.), I Congreso Internacional Feminismos e Humor: Humor-Sofías, Santiago de Compostela, 7-8 de maio de 2024. Libro de actas, Santiago de Compostela: Edicións USC, 2025, p. 7), queremos seguir dándolle a benvida á reflexión e a deixarnos empapar polas risas feministas. A pluralidade deste humor feminista palpouse na axenda deste evento, de tres xornadas de duración, reunindo as estudosas, profesionais e amantes do h