• Novo

Recentes achegas á investigación literaria dende a posteridade doutoral

Coordinador/a
Lea, David
Pérez-Abadín Barro, María Soledad
Este volume ofrece unha colección de capítulos froito da investigación de titulados doutorais do programa de doutoramento en Estudos da Literatura e a Cultura da USC. As achegas correspóndense coas liñas de investigación e a metodoloxía do programa. Así, o grupo de capítulos histórico-filolóxicos reúne traballos sobre retórica, tópicos, tradición, fontes, xéneros literarios, crítica e anotación textual. Sen perder de vista a perspectiva literaria, outros traballos baséanse en premisas teóricas, cunha orientación filosófica, política, teórico-discursiva, intertextual e intermedial, sen excluír a arte e a historia como materias de estudo. A colección ofrece unha mostra representativa das tendencias actuais na investigación literaria que están a levar a cabo titulados doutorais formados nun programa que soubo conciliar a tradición filolóxica coas correntes máis recentes, como fórmula para consolidar a disciplina dos estudos literarios.

Ficha Técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Ano de publicación
2026
Serie
3 Festina Lente. Estudos da Literatura e a Cultura
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788410142909
ISBN
9788410142909
Dispoñibilidade
Si