A presente obra recolle boa parte das comunicacións presentadas no
Congreso Internacional Reinas e Infantas en los Reinos Medievales
Ibéricos, celebrado do 21 ao 23 de maio do 2014 en Santiago de
Compostela. Partindo de distintas metodoloxías e atendendo a diversas
temáticas, as autoras e autores presentes neste volume abordan
cuestións históricas, artísticas, literarias, paleográficas e
historiográficas que teñen en común destacar o papel das mulleres
nas monarquías cristiás dos distintos reinos ibéricos durante a
Idade Media. O obxectivo non é outro que contribuír a unha
reflexión crítica sobre as relacións das mulleres co poder e animar
a que tanto os investigadores noveis como os xa consagrados incorporen
as cues...