Achegamento ao fenómeno da inmigración en Galicia e en España dende
unha mirada múltiple (o dereito, a socioloxía, a economía, a
lingüística...). O libro componse de sete contribucións que tratan
a repercusión económica dos inmigrantes nas sociedades de partida e
de acollida, a limitación de dereitos sanitarios, a relación entre o
concepto de 'cidadanía' nas democracias contemporáneas e a
condición de inmigrante, a explotación de mulleres inmigrantes para
a prostitución, ou a repercusión da inmigración na diversidade
lingüística e cultural do Estado....