LIBRERÍA DIGITAL DE LA USC
Proceso por aceptación de decreto
- Coordinador/a
- Alonso Salgado, Cristina
O «proceso por aceptación de decreto» foi incorporado á nómina procesual a través da Lei 41/2015, do 5 de outubro, de modificación da lei de Axuizamento criminal para a Axilización da Xustiza penal e o Fortalecemento das Garantías procesuais. Coa sinalada incorporación, o lexislador español pretendía dotar o sistema dun resorte máis na liña axilizadora que mantén dende hai xa algunhas décadas. Con todo, o certo é que o «novo» proceso non acaba de cumprir coas expectativas. As dificultades en canto ao seu ámbito obxectivo, as dúbidas en relación á potestade xurisdicional e o carácter deliberadamente «heteroxodo» da súa configuración son algunhas das razóns que parecen explicar as causas dun naufraxio que, á espera dunha reacción por parte do lexislador, semella inevitable. A estas cuestións e outras dedícase esta unidade didáctica.
Ficha técnica
- Edición
- 1
- Lugar de publicación
- Santiago de Compostela
- Año publicación
- 2023
- Serie
- 238 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788419155993
- Disponibilidad
- Si