• ¡Disponible sólo en Internet!
  • ¡En oferta!

O delito de financiamento ilegal dos partidos políticos

Autor/a
Pérez Rivas, Natalia
Os partidos políticos desempeñan un papel fundamental no funcionamento democrático do Estado. Con todo, o seu financiamento ilegal é unha constante nas democracias e unha das formas máis graves da corrupción política. Por iso, o lexislador optou pola súa tipificación autónoma na reforma operada, no Código Penal, pola Lei Orgánica 1/2015, de 30 de marzo (art. 304 bis). Certamente, a configuración dun delito de financiamento ilegal dos partidos políticos supón unha protección reforzada da función constitucional que aqueles desenvolven, en tanto que vehículos a través dos que canalizar a manifestación da vontade popular sen ningunha interferencia externa. Pese ao loable desta iniciativa, a súa articulación é altamente deficiente ao non contemplar unha ampla gama de situacións que poden danar de forma grave o ben xurídico tutelado polo tipo penal.

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2020
Serie
158 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595890
ISBN
9788417595890
Disponibilidad
Si