«Trate […] o príncipe de gañar e conserva-lo poder; entón os medios serán sempre xulgados honrosos e gabados por todos, xa que o vulgo se deixa cativar polas aparencias e polo éxito da acción e no mundo non hai máis ca vulgo e as minorías non contan cando a maioría ten onde apoiarse […].» Este fragmento d’O príncipe dá unha idea de por que se trata dunha das obras máis polémicas e comentadas da historia do pensamento político europeo.