No ano 2017, o fillo de Andrés Gaos Berea púxose en contacto co Grupo Organistrum da Universidade de Santiago de Compostela coa finalidade de doar o fondo do seu pai. O seu desexo, despois de toda unha vida dedicada a conservar, investigar e difundir o músico galego, era que todo ese valioso arquivo descansase na súa terra natal. Cumpríase con iso, grazas á mediación imprescindible de Joám Trillo, coa vella aspiración de trasladar a Galicia o Fondo Gaos que, constituído por dous violíns, partituras, cartas, fotos, discos, etc., completan a primeira doazón, realizada en 1995 polo fillo ao Concello da Coruña. Para a Universidade de Santiago de Compostela supuxo toda unha honra ser os depositarios pero, tamén, unha grandísima re