Lucio Anneo Séneca —de nobre berce, coetáneo dos emperadores Tiberio, Calígula e Nerón, e próximo, como patricio cortesán, ás intrigas de palacio— escribe nun tempo de fonda crise intelectual e política, e o seu amor pola sabedoría non só emerxe da súa íntima necesidade de superar o conflito moral no que vivía, senón tamén do seu intento de explicar un tempo marcado pola agonía dos valores políticos e morais que caracterizou o século I da era cristiá.