A emerxencia cultural a debate: referentes teóricos e aplicacións
Autor/a
Casas, Arturo
MartÍnez Tejero, Cristina
Torres Feijó, Elías
Muíño, David
Coordinador/a
Rodríguez Prado, M. Felisa
O punto de partida do libro foi unha reunión científica celebrada en maio de 2013 para propiciar un debate, no marco do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, arredor do propio concepto de emerxencia cultural, a súa actualización no mundo globalizado e algunhas aplicacións. Do conxunto de comunicacións presentadas escólmanse tres propostas representativas das liñas de traballo e da metodoloxía do CIPPCE.