De entre as múltiples perspectivas desde as que o espazo pode ser analizado, o Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes delimitou como tema dunha das súas xornadas de reflexión o «espazo público», é dicir, o espazo da sociabilidade, do debate, da circulación de ideas, do exercicio da cidadanía e da política. Neste volume recóllese parte das intervencións presentadas no Simposio «Novo espazo público: a emerxencia cultural», que se desenvolveu en Santiago de Compostela no mes de maio do ano 2015. Dado que a maioría das persoas que acudiu á chamada do CIPPCE se dedica á literatura, nas súas contribucións esta manifestación creativa amósase como óptica fundamental de achegamento ao espazo pú