A unidade didáctica denominada Leishmaniose canina vai dirixida a estudantes da materia Enfermidades Parasitarias II que se imparte no primeiro semestre do 4.º curso do Grao en Veterinaria. Esta unidade didáctica contén información sobre os obxectivos e a metodoloxía propostos para coñecer os mecanismos patóxenos e identificar os signos clínicos e as lesións da leishmaniose canina, así como as técnicas de diagnóstico o seu tratamento e prevención.