• Nuevo

Arte rupestre ao aire libre do Noroeste peninsular

Autor/a
Vázquez Martínez, Alia
Carrero Pazos, Miguel
Esta unidade didáctica afonda na arte rupestre galega da prehistoria recente como parte da programación da materia Prehistoria II, que se imparte no primeiro curso do grao de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A unidade didáctica está orientada a que o alumnado comprenda o desenvolvemento do período prehistórico por medio da arte rupestre do noroeste peninsular, posto que non é un fenómeno illado que se deu nunha rexión concreta, senón que presenta características coa arte localizada noutros puntos da fachada atlántica. Á súa vez, preténdese que adquiran os coñecementos necesarios para preservar e respectar este patrimonio tan complexo de protexer. Para isto, realizaranse clases teóricas que se complementarán con clases prácticas.

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2024
Serie
Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679680
Disponibilidad
Si