• Nuevo

Besnoitiose bovina

Autor/a
Remesar Alonso, Susana
Diaz Fernández, Pablo
A besnoitiose bovina é unha enfermidade parasitaria causada polo protozoo Besnoitia besnoiti. Trátase dunha enfermidade emerxente en Europa con distribución mundial. O ciclo de vida do parasito é indirecto e os bovinos actúan como hospedeiros intermediarios, non se coñece o hospedeiro definitivo e os dípteros hematófagos actúan como vectores mecánicos. A enfermidade normalmente presenta tres fases, unha fase aguda, na que os animais presentan signos clínicos inespecíficos, seguida dunha fase asintomática e unha fase final crónica, na que os animais presentan quistes na derme, tecido subcutáneo e mucosas. Cabe sinalar que moitos animais non mostran signos clínicos evidentes, pasando a infección desapercibida ou confundíndose con outras afeccións.

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2024
Serie
Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679802
Disponibilidad
Si