Un problema de optimización vén dado por un par (F, c), onde F é o conxunto de puntos factibles e c é a función de custo. O problema consiste en atopar un punto factible x ∈ F tal que, para todo y ∈ F , se cumpra que c(x) ≤ c(y). Dise que o punto x nestas condicións é unha solución óptima do problema.