Publicación dixital que recolle os resumos das comunicacións e pósters presentados na IV Xornada DivulgaTerra de divulgación científica, que tivo lugar no campus de Lugo en novembro de 2019. Compila un total de 24 textos agrupados en tres ámbitos temáticos: Ciencias da saúde, Ciencias e tecnoloxía, e Artes, humanidades e ciencias sociais.