• ¡Disponible sólo en Internet!
  • ¡En oferta!

O visitador do preso

Autor/a
Arenal, Concepción
Prologuista
Guinarte Cabada, Gumersindo
Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando
Traductor/a
Guinarte Cabada, Gumersindo
Vázquez-Portomeñe Seijas, Fernando
Concepción Arenal dedicou boa parte dun inesgotable activismo social e intelectual ao estudo crítico da realidade penal española. Serviuse da experiencia acumulada do desempeño dos cargos oficiais de visitadora de cárceres de mulleres da Coruña (1863) e inspectora de casas de corrección de mujeres (1868-1873) e, sobre todo, do seu talento, sensibilidade e intuición para a redacción de obras que a sitúan nun posto de gran relevancia nos estudos penais europeos: Cartas a los delincuentes (1865), Estudios penitenciarios (1877). O visitador do preso (1893) é unha das obras de referencia para o estudo das ideas centrais do seu pensamento penal. Para Arenal, a sanción penal é un instrumento de expiación, de intimidación, de afirmación da xustiza e de moralización e educación. Nos vinte e un capítulos d’O visitador do preso, aborda os conceptos de delito, delincuente, arrepentimento e emenda e examina as virtudes e condición que debe reunir o visitador de prisións, a finalidade das súas visitas, a linguaxe que debe empregar, o tratamento dos presos segundo o xénero e a idade, todo co pano de fondo da situación en que, mediando o século XIX, se atopaban os cárceres españois, inimaxinable para os cidadáns de hoxe. Socióloga e investigadora social, valente e adiantada ao seu tempo, partidaria dun sistema penal moderno que fixese posible a corrección do penado, as aspiracións reformistas de Arenal materializaranse coa chegada da segunda República.

Ficha técnica

Edición
1
Lugar de publicación
Santiago de Compostela
Año publicación
2023
Serie
37 Clásicos do pensamento universal
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/pu.2023.1384
Disponibilidad
Si