Esta obra aborda o funcionamento do mercado de terras rústicas en
Galicia, con especial atención ás diferenzas entre as diversas
partes do territorio. O mercado de compravenda presenta en xeral
niveis de mobilidade particularmente baixos, similares aos existentes
en países do leste e centro de Europa, malia existiren áreas
concretas onde a súa actividade sexa considerable. Os prezos da
terra, en troques, presentan valores similares aos de Europa
occidental, aínda que tamén con fortes diferenzas xeográficas.
Estas páxinas debaten as razóns para este comportamento e analizan
posibles medidas para facilitar o acceso á terra das explotacións
agrarias, mellorando así a capacidade dos sectores público e privado
para intercambiar in...