A presente unidade didáctica enmárcase no programa da materia
Dereito de Obrigacións e Responsabilidade Civil, materia que forma
parte do segundo curso do Grao en Dereito. O seu programa atópase
organizado en dezaoito leccións, das cales as primeiras doce están
dedicadas ao estudo da teoría xeral da obrigación, e as seis
seguintes tratan a responsabilidade civil extracontractual. A unidade
didáctica que se elabora recolle a lección 17, titulada «A
responsabilidade por danos causados polos produtos defectuosos» e
pertencente ao segundo bloque de contidos da materia.Mediante o
presente documento, o alumno poderá coñecer de xeito simple a
planificación que os profesores fan da lección 17 do programa da
materia. Ao mesmo tempo, ...