Galicia, unha poboación avellentada é unha síntese xeral, no tempo
e no espazo, do proceso de avellentamento demográfico de Galicia ao
longo da súa máis recente historia contemporánea. O descenso da
natalidade, a prolongación da duración media da vida, a
emigración... son factores traducidos na poboación actual nunha
estrutura por idades moi envellecida, fenómeno que, segundo
autorizadas previsións, se agravará nas vindeiras décadas. A
análise dos cambios da poboación galega encádrase, nesta páxinas,
nos contextos europeo e español para permitir aos lectores
apreciaren as diferentes cronoloxías dos procesos de
avellentamento....