Ata hoxe, o interese da maioría dos historiadores da cultura en
Galicia centrouse no estudo dos elementos que deron vida á particular
imaxe do mundo das minorías que se expresaban por escrito. Por iso,
en moitas ocasións, esta adoita ser presentada como a única
realidade cultural do noso pasado. Poucos prestaron, pois, atención
ao coñecemento das claves culturais das clase populares, en boa
medida, porque moitas delas foron de natureza oral e non deixaron tras
si unha pegada documental apreciable. Isto non significa, porén, que
a imaxe do mundo desas clase populares non existise ou no tivese unha
presenza e forza real no devir histórico de Galicia. Este libro trata
de recuperar o protagonismo que correspondería á acción cultural...