A historia de Galicia, e máis en concreto a historia das mulleres en
Galicia, non se construíu só de nomes célebres como os de Isabel de
Castro ou María Pita, senón tamén de nomes anónimos que, en tempos
tan duros como os da ditadura franquista, souberon e tiveron o valor
de defender con ardor aquilo que consideraban seu. Rosa, Josefa,
Isolina, Dorinda ou María son só os nomes dunhas poucas valente que
loitaron polos seus dereitos sobre a terra, sobre aquel monte veciñal
que consideraban seu, xerando unha vaga de protestas que foron
erosionando, aínda que en pequena medida, a lexitimidade do Réxime
no medio rural. Este traballo evidencia que a actitude dunha parte da
poboación feminina non se caracterizou pola pasividade nin a...