Para o seu autor, este libro non é unha historia de Alexandre Magno,
nin moito menos unha biografía: os seus contidos deben definirse como
un estudo de Historia da Grecia antiga, e das relacións establecidas
entre Alexandre e os gregos, centrando a súa atención, por
cuestións de información, na cidade de Atenas. Esta obra tenta
mostrar como Alexandre se relacionou cos gregos, e, simultaneamente,
os mecanismos que puxo en xogo para impor a súa vontade sobre os
diferentes pobos sometidos á súa autoridade. Partindo dunha
revisión dos textos clásicos e alicerzando nunha abundante e
actualizada bibliografía, esta monografía achégase ao século IV a.
C. en Grecia buscando evidenciar os pormenores do reinado de
Alexandre, e incluso ...