O convenio Europeo da Paisaxe como marco para a ordenación da paisaxe
Autor/a
Paül Carril, Valerià
Esta unidade didáctica achega o contido central da materia de
Xestión territorial da paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto
curso do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. En efecto, se
a materia no seu conxunto se dirixe á consideración da paisaxe desde
a ordenación e a xestión territoriais, esta unidade en particular
permite aproximarse ao instrumento clave que permite esta abordaxe: o
Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Desde o ano 2000, cando foi asinado
este documento transcendente en Florencia, a ordenación e a xestión
da paisaxe fanse case sen excepcións baixo este marco normativo. De
feito, no caso español, as distintas leis autonómicas que implantan
as políticas da paisaxe como tales parten de forma deliberada do CEP,
o cal recoñecen como fonte principal das súas determinacións. De
todos os xeitos, é obvio que entre o estritamente estabelecido no CEP
e as diferentes normativas, lexislacións ou praxes de planificación
que se están a desenvolver en cada territorio en Europa ou no Estado
español, á escala que sexa, hai diferenzas que nesta unidade tamén
serán obxecto de atención.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Año publicación
2015
Tamaño de archivo
0.950 MB
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788415876281
Disponibilidad
Si
Esta unidade didáctica achega o contido central da materia de
Xestión territorial da paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto
curso do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. En efecto, se
a materia no seu conxunto se dirixe á consideración da paisaxe desde
a ordenación e a xestión territoriais, esta unidade en particular
permite aproximarse ao instrumento clave que permite esta abordaxe: o
Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Desde o ano 2000, cando foi asinado
este documento transcendente en Florencia, a ordenación e a xestión
da paisaxe fanse case sen excepcións baixo este marco normativo. De
feito, no caso español, as distintas leis autonómicas que implantan
as políticas da paisaxe como tales parten de forma deliber...