Esta unidade denominada Patrimonio e Institucións, de seis horas de
duración, forma parte da materia do Grado de Historia da Arte
G5011328 Xestión e lexislación de Patrimonio Histórico-Artístico,
materia obrigatoria de terceiro curso, que se imparte no segundo
cuadrimestre e que conta cunha carga docente de 6 créditos ECTS, o
que lle supón para o alumno un total de 150 horas de traballo. Para
unha mellor comprensión dos seus contidos recoméndase que o alumno
supere a materia de Concepto e Teoría do patrimonio cultural, materia
obrigatoria do primeiro cuadrimestre deste mesmo curso. Igualmente
recoméndase que o alumno se matricule tamén da materia de
Museoloxía e Museografía, que se imparte tamén no mesmo curso e
cuadrimestre, o que lle permitirá ter unha visión global do
patrimonio cultural e dos mecanismos utilizados na xestión e
lexislación existente para os bens patrimoniais. Os contidos desta
materia estrutúranse en tres grandes módulos, sendo o de Patrimonio
e Institucións o primeiro, polo que funciona cun carácter
introdutorio para o alumno, e serve para o establecemento dos
rudimentos básicos da xestión patrimonial.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Año publicación
2015
Tamaño de archivo
0.981 MB
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788415876526
Disponibilidad
Si
Esta unidade denominada Patrimonio e Institucións, de seis horas de
duración, forma parte da materia do Grado de Historia da Arte
G5011328 Xestión e lexislación de Patrimonio Histórico-Artístico,
materia obrigatoria de terceiro curso, que se imparte no segundo
cuadrimestre e que conta cunha carga docente de 6 créditos ECTS, o
que lle supón para o alumno un total de 150 horas de traballo. Para
unha mellor comprensión dos seus contidos recoméndase que o alumno
supere a materia de Concepto e Teoría do patrimonio cultural, materia
obrigatoria do primeiro cuadrimestre deste mesmo curso. Igualmente
recoméndase que o alumno se matricule tamén da materia de
Museoloxía e Museografía, que se imparte tamén no mesmo curso e
cuadrimestre...