Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres
Autor/a
Cajaraville Araújo, Héctor
Este estudo parte da premisa de que os xogos de palabras son un
recurso habitual nos titulares xornalísticos á hora de cativar a
atención dos lectores de prensa gratuíta, que se caracterizan de
maneira xeral por seren persoas con escaso hábito de lectura e cun
tempo moi limitado para o consumo de información. O noso obxectivo
vai consistir en analizar os elementos que empregan os emisores (é
dicir, os xornalistas) para a elaboración de titulares dotados deste
recurso creativo, e de establecer unha clasificación segundo a
motivación que se agocha detrás de cada un deles.Así mesmo,
trataremos de identificar os procesos que fan que as mensaxes
creativas enviadas polos autores teñan nos destinatarios (os
lectores) a resposta agardada, logrando así que os xogos de palabras
cumpran o seu obxectivo e prendan nos receptores o interese por seguir
lendo o resto da información. Que mecanismos se poñen en marcha
neste fenómeno comunicativo? Que importancia ten o coñecemento
compartido entre emisores e receptores na comprensión exitosa dun
titular creativo? Que relevancia teñen o contexto, o significante, os
elementos paratextuais ou o propio sentido dos termos? A estas e
outras cuestións trataremos de ir dando resposta nas páxinas deste
estudo.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Año publicación
2015
Nº de páginas
216
Serie
Limiar
ISBN
9788416533091
Disponibilidad
Si
Este estudo parte da premisa de que os xogos de palabras son un
recurso habitual nos titulares xornalísticos á hora de cativar a
atención dos lectores de prensa gratuíta, que se caracterizan de
maneira xeral por seren persoas con escaso hábito de lectura e cun
tempo moi limitado para o consumo de información. O noso obxectivo
vai consistir en analizar os elementos que empregan os emisores (é
dicir, os xornalistas) para a elaboración de titulares dotados deste
recurso creativo, e de establecer unha clasificación segundo a
motivación que se agocha detrás de cada un deles.Así mesmo,
trataremos de identificar os procesos que fan que as mensaxes
creativas enviadas polos autores teñan nos destinatarios (os
lectores) a resposta agarda...