Atlas lingüístico galego: volume VI. Léxico. Terra, plantas e árbores
Coordinador/a
Fernández Rei, Francisco
O presente volume ocúpase do léxico da terra como espazo natural,
das plantas e das árbores. O material sobre o que se elaboraron os
mapas que integran este volume está constituído polas 167 enquisas
realizadas en todo o territorio de fala galega entre os anos 1974 e
1977 por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel
González González. No 2008 repetíronse as enquisas dos puntos C.30,
C.35 e C.44 para completar datos do presente volume, e no 2009 tamén
se completaron datos de C.29 e L.314. A información que compón este
volume procede do apartado «Accidentes topográficos. O espazo e as
súas relacións», que é o II da sección de léxico do cuestionario
(desde a pregunta 665 á 763), e mais do apartado «Plantas», que é
o V (tivéronse en conta as preguntas comprendidas entre a 1.136 e a
1.203 e entre a 1.248 e a 1.355), aínda que se engadiron algúns
datos soltos procedentes doutras seccións do cuestionario.