A achega de Roberto Vidal Bolaño á dramaturxia galega contemporánea
é, dende todos os puntos de vista, imprescindible. A riqueza da súa
obra escrita, o abano de xéneros, argumentos e rexistros que explorou
e a súa permanente dinamización da actividade teatral alicerzan unha
construción literaria e de renovación do espectáculo que destilan
un espírito fondamente inquedo, orixinal, moderno e comprometido...