É unánime na cultura galega contemporánea o recoñecemento do
vastísimo labor que Filgueira Valverde, dende a temperá idade de
quince primaveras, desenvolveu arredor de todo o relacionado con
Galicia, coas súas cidades, vilas e aldeas, coas súas xentes, coa
súa historia, antropoloxía, literatura, folclore, artes,
pensamento... e así durante setenta e cinco anos, ata o pé da
sepultura, saturados de vizosos traballos aínda hoxe
imprescindibles....