Disforia de xénero. Estróxenos. Bisturí. Sexo. Dominación.
Subxectividades de fronteira. Heteronormatividade. Inxustiza.
Milleiros de corpos sofren a condena dun expolio identitario provocado
polo aparello de disciplinamento de xénero normativo, caracteristico
das institucións psiquiátricas e as prácticas propias do biopoder
contemporáneo. Dende a diferenza e eclosionando nas marxes, están
elas, as transféminas, facendo arder ao mesmo lume que as consume.
Enfrontándose dende o cotián as ponzoñentas raíces patriarcais que
as queren ancorar e mutilar seu ser, elas atópanse mudando os termos,
mudando os tempos. Con elas esta é a loita de todas....