O aparato dixestivo é o encargado de transformar os alimentos que
inxerimos en sustancias máis sinxelas e facilmente asimilables polo
organismo. É un grande tubo que presenta dilatacións ó longo da
súa extensión e que dispón ademais dunha serie de glándulas anexas
que posibilitan a súa función. O estudo deste aparato é moi
importante para o futuro farmacéutico xa que constitúe a base
anatómica da administración oral de medicamentos. Esta vía de
administración é, sen dúbida, a máis empregada a día de hoxe
debido ás múltiples vantaxes que presenta: vía sinxela, segura e
cómoda. Porén, presenta tamén algúns inconvenientes que é preciso
coñecer para poder deseñar adecuadamente novas formas de
dosificación adecuadas á vía oral. Entre estes inconvenientes cabe
subliñar o efecto do primeiro paso hepático que pode facer perder
grande parte do medicamento administrado antes de que este alcance a
circulación central. A explicación a este fenómeno, que radica na
drenaxe venosa do intestino, estudarémola no seminario que
complementa as dúas clases expositivas que constitúen esta unidade
temática.Durante as clases expositivas expoñerase a morfoloxía e
estrutura macroscópica do aparato dixestivo. Para isto describiranse
as principais estruturas, cunha dobre aproximación, integrando
morfoloxía e función e asentando as bases para materias de cursos
superiores tales como Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía,
Farmacoloxía e Biofarmacia e Farmacocinética.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Año publicación
2015
Tamaño de archivo
0.883 MB
Serie
Unidades didácticas
ISBN
9788498874945
Disponibilidad
Si
O aparato dixestivo é o encargado de transformar os alimentos que
inxerimos en sustancias máis sinxelas e facilmente asimilables polo
organismo. É un grande tubo que presenta dilatacións ó longo da
súa extensión e que dispón ademais dunha serie de glándulas anexas
que posibilitan a súa función. O estudo deste aparato é moi
importante para o futuro farmacéutico xa que constitúe a base
anatómica da administración oral de medicamentos. Esta vía de
administración é, sen dúbida, a máis empregada a día de hoxe
debido ás múltiples vantaxes que presenta: vía sinxela, segura e
cómoda. Porén, presenta tamén algúns inconvenientes que é preciso
coñecer para poder deseñar adecuadamente novas formas de
dosificación adecua...