No presente traballo pretendemos achegarnos aos topónimos galegos
rematados en -oa, -oá, -úa, -uá. A escolla destas catro
terminacións ten a súa razón de ser no enfoque desde o cal queremos
estudar estes nomes. A nosa intención neste traballo é examinar
estes topónimos desde o punto de vista da xeografía lingüística.
Partimos da constatación de que existen na toponimia galega nomes
coma Ferreiroa / Ferreiroá / Ferreirúa que presentan unha mesma base
mais nos que se observan diferentes variantes na terminación. O noso
propósito será examinar se estas variantes aparecen aleatoriamente
ou se presentan distribución diatópica e, no caso de seren
dialectais, delimitar as áreas xeográficas que cada terminación
ocupa e contr...