No presente traballo pretendemos achegarnos aos topónimos galegos
rematados en -oa, -oá, -úa, -uá. A escolla destas catro
terminacións ten a súa razón de ser no enfoque desde o cal queremos
estudar estes nomes. A nosa intención neste traballo é examinar
estes topónimos desde o punto de vista da xeografía lingüística.
Partimos da constatación de que existen na toponimia galega nomes
coma Ferreiroa / Ferreiroá / Ferreirúa que presentan unha
mesma base mais nos que se observan diferentes variantes na
terminación. O noso propósito será examinar se estas variantes
aparecen aleatoriamente ou se presentan distribución diatópica e, no
caso de seren dialectais, delimitar as áreas xeográficas que cada
terminación ocupa e...