Debe estar rexistrado e iniciar a sesión para enviar elementos e facer o seguimento dos envíos actuais. Ir a Autenticación nunha conta existente ou Rexistra unha nova.

Directrices para autores

Directrices para autores

Todos os orixinais propostos a edición someteranse, na medida do posible e coas adaptacións necesarias en función da natureza de cada obra, ás directrices xerais para a presentación de orixinais, válidas para todas as coleccións, coas seguintes restricións:

  • - As coleccións Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia e Biblioteca de Divulgación, Serie Científica terán unha extensión máxima de 300.000 caracteres.
  • - As coleccións Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia e Biblioteca de Divulgación, Serie Científica non poden levar notas ao pé de páxina (agás nota puntuais s aclaratorias ou explicativas, sinaladas no texto con asterisco e non numeradas nin correlativas);
  • - A colección Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia admite só orixinais redactados en lingua galega, segundo a normativa idiomática oficial.
  • - A serie Textos de USC Editora ten condicións estruturais e de presentación especiais.
  • - A colección Verba Anexos ten condicións estruturais e de presentación especiais.
  • - A colección Limiar ten condicións estruturais e de presentación especiais.
  • - Pola súa natureza didáctica especial,  as condicións de presentación dos orixinais destinados á serie CELE (Cuadernos de Español como Lengua Extranjeraa) serán convidas en cada caso coa dirección da serie e o equipo  editorial do SPIC.

Lista de comprobación de preparación de propostas

Como parte do proceso de entrega de propostas, exixese os autores que comproben que a proposta está dacuerdo con todos os siguintes elementos, e as propostas que non se acollan a estas directrices poden ser devoltas os autores.
  • A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra editorial (ou se proporcionou unha explicación en Nota para o Editor)

  • O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es, que se poden atopar en Sobre...

  • Se está enviando un traballo a unha colección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.

  • Se a obra inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Nota para o Editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

  • Lin as políticas edtoriais, revisei as características de cada colección e seleccionei, en consecuencia, a serie para a miña proposta.

Información de protección de datos

De conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e co Regulamento UE 2016/679, los datos recadados serán incorporados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no tratamento “Servizo de Publicacións e Intercambio Científico” coa finalidade da xestión dos autores e/ou xestores e usuarios das obras monográficas e revistas editadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.O órgano responsable do devandito tratamento é a Universidade de Santiago de Compostela con domicilio social na Praza do Obradoiro s/n, 15782, Santiago de Compostela, correo electrónico: protecciondatos@usc.gal . Tamén pode poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos da USC a través do enderezo electrónico dpd@usc.es. A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas.. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica da USC en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna. No caso de non facilitar o consentimento, os datos non será tratados, pero non se lle poderá ofertar o servizo. Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables. A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en

http://www.usc.es/es/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Proceso de revisión por pares

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico ten a misión de difundir, editar, comercializar e intercambiar libros, revistas e outras publicacións realizadas con cargo a fondos universitarios, calquera que sexa o seu soporte de edición e consonte o carácter da publicación definido polo SPIC.
Os obxectivos fundamentais do servizo son os seguintes:

  • Publicación das obras.
  • Difusión, distribución e comercialización das obras editadas.
  • Promover a difusión aberta de publicacións en soporte dixital.
  • Intercambio de publicacións propias con outras universidades ou organismos oficiais e privados.
  • Promover e estimular a produción dixital.
  • Colaborar na adquisición de fondos da biblioteca universitaria.

A política de calidade do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC) concíbese e desenvólvese nunha dobre dirección, que implica equipos humanos e fluxos de traballo diferenciados, aínda que executados baixo unha estreita coordinación: calidade formal e calidade conceptual e científica.

Por unha banda, o persoal do departamento editorial, técnico e interno á organización, é o responsable directo de garantir a calidade formal do produto: corrección lingüística (ortográfica, gramatical, sintáctica), de estilo (propiedade da expresión e calidade da redacción) e ortotipográfica; funcionalidade e estética do deseño e máxima operatividade do soporte (impreso ou dixital).  Todos os produtos editoriais do SPIC responden a criterios de calidade conceptual e científica, segundo as diferentes modalidades de edición:

1. USC Editora. No caso dos orixinais destinados ao selo USC Editora nas súas diferentes series (Académica, CELE. Cuadernos de Español como Lengua Extranjera, Clave, Ensaio, Manuais y Textos) , a calidade conceptual e científica asegúrase a través dun proceso sistemático de avaliación por pares confidencial en ambas as direccións (autor-avaliador; avaliador-autor), proceso recolleito na sección II do Regulamento do SPIC.

2. Coleccións con director e/ou consello científico. No caso dos orixinais destinados a coleccións, é o director de colección e/ou os consellos científicos quen certifican a calidade dos orixinais, tras a análise, lectura, e mesmo, nalgúns casos, a solicitude de informes a especialistas.  Estas coleccións son: Biblioteca de Divulgación-Serie GaliciaBiblioteca de Divulgación-Serie CientíficaCadernos CIPPCE de Emerxencia CulturalClásicos do Pensamento UniversalBiblioteca de la Cátedra de Cultura Cubana 'Alejo Carpentier'Biblioteca de la Cátedra Valle-Inclán de la USCLalia-Series MaiorLimiar;  Publicaciones de la Cátedra 'José Ángel Valente' de Poesía y EstéticaPublicaciones del Departamento de Geometría y TopologíaPublicacións da Cátedra Juana de Vega. ActasPublicacións da Cátedra Juana de Vega. Cadernosde InvestigaciónPublicacións da Cátedra Juana de Vega. MonografíasPublicacións da Cátedra Juana de Vega. FaladoirosVerba. Anexos.

3. Obras de responsabilidade científica externa. No resto dos casos, as obras editadas fóra de colección, publicacións institucionais, actas de congresos, homenaxes, etc. son de exclusiva responsabilidade conceptual e científica da institución, departamento, instituto, grupo ou proxecto de investigación que as promove e, por tanto, financia na súa totalidade.

En calquera dos casos e modalidades, todas as obras editadas polo SPIC necesitan da aprobación da Comisión Editorial Académica, formada por dez membros pertencentes ás cinco grandes áreas do coñecemento (Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; Artes e Humanidades; Ciencias; Enxeñaría e Arquitectura), que se reúne alomenos tres veces por ano.

Todos os procedementos editoriais descritos son transparentes para as partes implicadas (autores, avaliadores internos, avaliadores externos, directores de colección, membros de consellos de redacción de coleccións, editores e editores técnicos), aínda que, obviamente, confidenciais cando é necesario, pois se executan no contexto tecnolóxico da plataforma de xestión editorial Lib{USC}, desenvolvida baixo o software OMP, que, por unha banda, permite ás partes a realización en liña das tarefas e roles que lles correspondan e, por outro, rexistra e arquiva a historia editorial completa de cada orixinal (comunicacións, informes, ficheiros nas súas diferentes versións, etc.)