Tipos de recursos

A nosa tenda dixital conta con catro tipos de recursos:

  • Libros impresos: sérvense, segundo pedido, no prazo máximo de 48 horas. Vexa as condicións de envío.
  • Libros dixitais gratuítos: son recursos que se poden ler e descargar sen necesidade de rexistrarse na tenda, xa que son de acceso aberto.
  • Libros dixitais en alugueiro: son recursos que se poden alugar efectuando unha compra na tenda e, unha vez mercados, accesibles durante un período máximo de 15 días. Estes recursos podense ler online ou descargar.
  • Libros dixitais en venda: son recursos que se mercan na tenda e serán sempre accesibles para a lectura online ou a descarga por parte do usuario.

 

Lectura en liña (aluguer e venda)

1. Identifíquese na tenda a través do enlace iniciar sesión



2. Rexistre unha nova conta ou ingrese os seus datos de usuario:



3. Efectúe o proceso de adquisición e pagamento do alugueiro ou compra.

4. Acceda ao panel de usuario premendo sobre o seu nome de usuario e, dentro do panel, sobre BIBLIOTECA.




4. Seleccione o libro electrónico que quere leer e prema en LEER ONLINE



6. O libro ábrese no navegador para a súa lectura en liña.

 

 

Lectura sen conexión (alugueiro ou compra)

  • O alugueiro ou compra na tenda permite a lectura sen conexión, aínda que a primeira descarga debe facerse con conexión a Internet.
  • É necesario crear unha conta en Adobe para poder ler os libros co DRM (Digital Rights Management). O DRM é o sistema empregado polos editores para protexer as obras de copias non autorizadas.
  • A primeira vez que se desexe ler un libro sen conexión hai que seguir estes pasos:


1. Se non dispóm xa dela, debe crear unha conta en Adobe en http://www.adobe.com/es

registroAdobe



2. Escolla a aplicación de lectura co DRM de Adobe (Adobe Digital Editions)

3. Descargue e instale Adobe Digital Editions

descargaAdobe





4. Configure Adobe Digital Editions coa súa conta de Adobe


Abre aa aplicación de ADE


<br/ >
Agora debemos autenticar a instalación de ADE. <br/ >
menuAutorizarEquipoADE
autorizarEquipoADE

equipoAutorizado""

5. Escolla a opción DESCARGAR no menú BIBLIOTECA do panel de usuario.



6. Descárgase un arquivo coa extensión acsm que se abre con Adobe Digital Editions (tras premer en descarga, Windows xa identifica por defecto a aplicación). O libro inclúese na biblioteca de ADE e xa pode lerse.

adobeOpenBook