Filtrado por

Precio
25 30
Transacción
Más... Menos
Formato
Más... Menos
Autor/a
Más... Menos
Ano Publicación
Más... Menos
Edición
Más... Menos
Serie
Tags
Más... Menos

Publicacións da Cátedra Juana de Vega. Monografías

Moitas das ideas defendidas e estimuladas por Juana de Vega (1805-1872), digna herdeira da Ilustración e devota do liberalismo, seguen tendo plena vixencia e marcando a evolución das sociedades actuais. A compoñente de modernidade deste ideario fai que a consagración ao estudo do liberalismo e da historia do século XIX estean na base dos intereses da Cátedra Juana de Vega, creada co patrocinio da Fundación Juana de Vega, encadrada no Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e actualmente dirixida polo catedrático do devandito departamento, profesor Xusto Beramendi, e da súa colección de publicacións, que ten como fin a difusión dos traballos realizados no seo da mesma.  Estes traballos teñen a súa orixe nas actas de congresos, organizados pola cátedra, e nos premios de investigación (en dúas modalidades, A e B), convocados e fallados polo propio comité de dirección da cátedra.
A
 serie Monografías publica os traballos galardoados nos Premios de Investigación da cátedra, modalidade A: teses doutorais, dentro dos temas propios da colección. 

Publicacións da Cátedra Juana de Vega. Monografías