Non se atoparon resultados
Pode vostede facer unha nova busca
Kátaba é unha colección destinada a un público amplo e internacional, pertencente non só á comunidade académica, senón tamén á dos aficionados ao tempo e á cultura medievais. Publica obras, tanto orixinais como traducidas, relacionadas coa Idade Media, entendida esta no seu sentido primario de abano cronolóxico, pero tamén como campo de estudos no que converxen disciplinas tradicionalmente encadradas nos ámbitos da arqueoloxía, da historia, da historia da arte e da filoloxía.
Kátaba publica textos escritos en calquera das linguas de uso na comunidade académica (galego, castelán, francés, inglés, italiano, portugués). O formato das publicacións é libro impreso e tamén libro dixital.
A colección contempla tanto a publicación de obras colectivas como de monografías de autoría única. As obras poden ter un carácter marcadamente académico ou máis divulgativo, sen deixar de contemplar as de pretensión eminentemente didáctica ou docente, sempre e cando se constitúan en síntese arredor dun tema.
O comité editorial de Kátaba consta dun comité de redacción e outro científico. O cometido do primeiro é a recepción de orixinais, unha primeira avaliación sobre a viabilidade da súa publicación e, no caso de que exista un informe positivo a tal respecto, a escolla de dúas persoas avaliadoras de carácter internacional, especialistas no ámbito de coñecemento da obra proposta, para que lean, consideren e comenten a obra. Esta avaliación substéntase no anonimato do proceso. O comité editorial terá en consideración os xuízos do comité científico para continuar o proceso de publicación.
Pode vostede facer unha nova busca