Filtrado por

Precio
16 28
Transacción
Más... Menos
Formato
Más... Menos
Ano Publicación
Más... Menos
Edición
Más... Menos
Serie
Nº de paxinas
Más... Menos
Tags
Más... Menos

USC Editora. Clave

USC Editora é un selo comercial dela Universidade de Santiago de Compostela, rexistrado como marca, creado en 2009 que, dentro do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente por este e, polo tanto, sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á Universidade de Santiago de Compostela. O selo conta, ademais, cun elenco estable de editores internos, que someten os orixinais a unha avaliación previa. USC Editora garante o nivel dos traballos que se editan baixo a súa marca e constitúe un compromiso de calidade editorial.

USC Editora é un selo certificado coa norma UNE-EN ISO 9001:2015 polo Rexistro de Empresa de AENOR.

USC Editora. Clave publica obras compilatorias colectivas que son ao mesmo tempo prontuarios para a adquisición rápida de competencias nunha materia e rigorosas actualizacións das últimas tendencias ou estados da cuestión para o estudo e máis completa ou cabal comprensión da materia. A serie está aberta a investigadores de todas as universidades, aínda que, por razóns financeiras, dá prioridade a orixinais proviñentes da Universidade de Santiago de Compostela.

USC Editora. Clave