Filtrado por

Precio
3 28
Transacción
Más... Menos
Formato
Más... Menos
Autor/a
Más... Menos
Ano Publicación
Más... Menos
Edición
Más... Menos
Serie
Nº de paxinas
Más... Menos
Tags
Más... Menos

Biblioteca de la Cátedra de Cultura Cubana "Alejo Carpentier"

Colección creada en 2000 por iniciativa da profesora Yolanda Novo, entón, e ata  o volume 6, directora da Cátedra de Cultura Cubana ‘Alejo Carpentier’, na actualidade dirixida pola profesora Ana Chouciño. A finalidade da colección é fornecer dun canle á difusión de investigacións universitarias ou de rango semellante centradas na cultura cubana e hispano-cubana vencellada ás humanidades e as ciencias sociais. Todos os títulos da colección, calquera que sexa a procedencia ―cubana ou non cubana― dos orixinais, selecciónanse consonte criterios de calidade, rigor científico e interese bibliográfico, a cuxo fin se conta co aval dun consello de redacción formado por prestixiosos profesores da universidade compostelá e dun consello asesor de solventes especialistas da Universidade da Habana. A colección conta cun consello de redacción integrado por investigadores universitarios de recoñecido prestixio académico e científico, que asesoran á dirección sobre as propostas sometidas a ditame para a súa publicación, en función das súas respectivas áreas de coñecemento. Colección en curso.

Biblioteca de la Cátedra de Cultura Cubana "Alejo Carpentier"