Nicolás Guillén y 'El son entero': miradas desde el siglo XXI
Coordinador/a
Chouciño Fernández, Ana Gloria
González Mafud, Ana María
A función conmemorativa da disciplina literaria leva a evocar algúns
dos autores que participaron, hai agora oitenta años, no II Congreso
Internacional de Escritores para la Defensa de la Cultura, celebrado
en Valencia en 1937, un acontecemento que selou o compromiso de moitos
poetas latinoamericanos coa II República e que evidenciou a súa
emocional repulsa da Guerra Civil. A presenza naquel encontro dunha
delegación integrada por Alejo Carpentier, Nicolás Guillén e Juan
Marinello expresaba o apoio dos escritores cubanos, a solidariedade de
artistas e intelectuais antillanos co pobo español. Foi un dos
exemplos máis tanxibles da inveterada unión entre o discurso
político e a praxe poética, que se intensifica naqueles anos de
guerras. Unha década despois, en 1947, Guillén publicaba El son
entero, obra clave na produción literaria latinoamericana do século
XX, e que mostra de modo singular a esencia da cultura cubana.
Partindo daquela conferencia histórica, a Cátedra de Cultura Cubana
Alejo Carpentier da Universidade de Santiago —en coordinación coa
Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana, y a Fundación
Nicolás Guillén— edita esta nova entrega da súa biblioteca,
consagrada ao autor de El son entero. Realizar un labor esexético da
obra de Guillén e reflexionar acerca do papel da poesía como canle
privilexiada do rexistro de feitos non só estéticos, senón tamén
históricos, políticos e sociais son os seus obxectivos. Para iso
convocouse a poetas e críticos de España, Cuba e Estados Unidos coa
encarga de reler os versos guilleneanos desde variadas perspectivas:
poéticas oo ensaísticas, persoais ou inferidas, artísticas ou
analíticas. Así, branco con negro, todas estas miradas combinadas
teñen como resultado unha visión renovada da obra do camagüeiano,
situada xa entre os grandes fitos da historia da poesía
latinoamericana.